31/3/20

LINGUA GALEGA PARA 1º E 2º



ACTIVIDADES PARA 1º E 2º 
LINGUA GALEGA

AQUÍ TEDES TEXTOS CURTOS EN GALEGO PARA QUE COPIEDES NA LIBRETA (por exemplo un texto cada dous días). COPIADES AS PREGUNTAS TAMÉN COA RESPOSTA AXEITADA.
 E A FICHA DE COMPLETAR CON ARTIGOS, COPIADES AS FRASES CO ARTIGO QUE CORRESPONDE.
(Ten un erro na última oración "ferida" en galego).
EN CASTELÁN SEGUIDE COPIANDO OS TEXTOS CURTOS E ADIVIÑAS COMO VOS INDIQUEI EN PUBLICACIÓNS ANTERIORES.
Volvo a dicirvos que repartades o tempo, non fai falta facer todo dun golpe. Planificar o día e adicarlle un pouquiño a cada cousa, entre elas poñer a proba a vosa creatividade!
Un saúdo amig@s!

30/3/20

SOCIAIS 2º



COA AXUDA DO LIBRO DE SOCIAIS...
COMPLETA O SEGUINTE XOGO DE COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA

EDUCLAN RTVE




ESTES DÍAS VEREDES QUE POLAS MAÑÁS EN CLAN TEÑEN PROGRAMACIÓN PARA VÓS NA QUE VOS ENSINAN UN MONTÓN DE COUSAS PARA A VOSA IDADE DE FORMA DIVERTIDA. ADEMAIS DE SAIR NA TELE TAMÉN O TEDES NO ENLACE QUE VOS DEIXO ARRIBA PARA VELO CANDO QUEIRADES. E TEDES MÁIS ACTIVIDADES, XOGOS E LIBROS EDUCATIVOS.
AGARDO QUE O DISFRUTEDES!

JUEGOS DE ORTOGRAFÍA PARA 1º Y 2º



QUE TAL NENOS E NENAS?
COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA NA QUE IMOS CONTINUAR CO TRABALLO EN SNAPPET E COAS ACTIVIDADES QUE VOS ENVÍO AQUÍ.

IMOS ENTRAR NO SEGUINTE ENLACE:


IMOS FACER OS XOGOS DE ORTOGRAFÍA DE 
G - J    E     Z - C

DESPOIS DE FACER ESTES XOGOS IMOS COPIAR AS PALABRAS E FRASES NO CADERNO

Ao acabar o xogo pincho en ver correción para asegurarme de que as teño ben ou algún se teño algún fallo.


27/3/20

IMOS A MOVERNOS!




E COMO NON TODOS OS DÍAS A MOVERSE!
FACEDE BAILES E COREOGRAFÍAS QUE VOS GUSTAN TANTO!




MATES PARA 1º

Los niños de 1º y también los de 2º pueden practicar de forma lúdica sumas y restas en el siguiente enlace:
                                     JUEGOS DE SUMAS Y RESTAS


No os olvideis de hacer también operaciones en vuestra libreta.
También vamos a practicar la comparación de números:
mayor que>
menor que<
igual=
Escribimos dos números así por ejemplo:
24......36
32......85
Y les ponemos el símbolo en medio que corresponda,
Ánimo!


ACTIVIDADES MATES PARA 2º






Ya sabemos las tablas de multiplicar hasta la del cuatro. Por lo que vamos a ir aprendiendo la del 5.
Y practicándola de manera salteada. Por ejemplo:

5 x 4
5 x 9
5 x 3...........

En el siguiente enlace podeis practicarlas todas mediante juegos interactivos, pincha:

JUEGOS PARA PRACTICAR LA MULTIPLICACIÓN

También vamos a hacer ejercicios de números pares e impares. Escribimos números de 2 cifras por ejemplo: 46-57-31-22-87-....... y los clasificamos en pares e impares.
Luego escribo también números de 3 cifras por ejemplo: 123-145-182-127... y también los clasifico.
Ánimo!

OLA PEQUES!

OLA ALUMN@AS E FAMILIAS!

Os profes fixemos esta montaxe de fotos para dicirvos a seguinte mensaxe:

Agardamos que vos guste!

26/3/20

FLORES DE PRIMAVERA


MANUALIDADES CREATIVAS

Precisas tiras e círculos de papel, pegamento, un pau ou unha palliña,... e logo pon en marcha a túa creatividade!
Que máis lle podes engadir? As follas por exemplo!
Xa sabes, podes pintar tiras ou tamén usar recortes de revistas,... seguro que queda moi orixinal!








NATURIZO!


Ola familias! Aproveitando as horas libres que nos deixa a  corentena, propomosvos concurso. É moi sinxelo! 

1️⃣ Facer un debuxo/manualidade ou colorear algún dos da web de Naturizo.
2️⃣ Subilo ás redes co cancelo #NaturizoQuedaNaCasa.

Entre todos/as os participantes sortearase un peluche, unha chapa e un carnet de Natuvixiantes.

📅 Data límite: Venres 27 de Marzo.
correo: ceip.oimbra@edu.xunta.es

A que esperas? 
Partilla e participa!


E non esquezas ler os meus contos! E bailar a nosa coreografía!



25/3/20

DICTADOS



Aquí tedes unha recopilación de lecturas cortas.
A idea é que leades unha por día e a copiemos coma un ditado na libreta ou nun folio.
Tanto para 1º como 2º


Fai click na flecha

Bonito Vídeo Monstruo de Cores


Novo conto Monstruo de cores para estes días.
Agardo que vos guste!

24/3/20

PON EN MARCHA A TUA CREATIVIDADE!


MANUALIDADE






Se non tes folios de cores tes a opción de pintar tiras con pinturas!
OLA AMIGOS E AMIGAS!

Propóñovos que entredes no seguinte enlace:

https://www.bosquedefantasias.com/recursos/adivinanzas-infantiles-


Atoparedes adiviñas sobre animais, familia, corpo humano, números,... Podedes copiar durante estes días varias na vosa libreta, por exemplo dúas ou tres cada día ou así. Non fagas trampa! Primeiro le e intenta adiviñar de que se trata e logo pon o que é e fai un debuxo.
Non esquezas xogar a que os teus familiares a que as adiviñen!
E poñer todos os días a data.

Aquí vos deixo enlace para adiviñas sobre varios temas:

ADIVINANZAS SOBRE FAMILIA

ADIVINANZAS CUERPO HUMANO

ADIVINANZAS SOBRE MATES-NÚMEROS

ADIVINANZAS PROFESIONES

ADIVINANZAS DE COLE

22/3/20

D@s nen@s de Oímbra para @s nen@s de Oímbra



Moitas grazas pola vosa colaboración! Encantounos vervos tan contentos e con tantas ganas de facer cousas!

OLA ALUMNOS/AS DE 1º e 2º!

OLA ALUMNOS/AS DE 1º e 2º!

Ola queridos alumnos/as, como xa sabedes imos ter que estar todos e todas uns días na casa. Quero dicirvos antes de nada que temos que tomar isto con calma, estamos todos moi nerviosos e preocupados como é normal pero temos que intentar pasalo o mellor posible e ter paciencia. Xa vin nos vosos vídeos que sodes uns campións!
Recordade o que vos dixo a pesada da profe antes de marchar... "portadevos ben coas vosas familias!"
Sodes uns nenos e nenas moi listos por iso sei que estaredes entretidos e pasando bos ratos na casa.
Sei que cada un de nós ten unha situación diferente e non todos dispoñemos do mesmo tempo para adicarlle as cousas do cole. Por iso fixen esta páxina onde estarei en contacto con vós e vos porei pouco a pouco recomendacións non solo de traballo! se non tamén ideas para que se nos pase mellor o tempo! bailes, xogos, manualidades,...
Non hai que facer todo nin moito menos, os papás serán a gran axuda para orientarvos nestes días. Douvos as grazas por adiantado! as información importantes chegaranvos por abalar como ata agora e tamén tedes a páxina do cole e o correo electrónico para dirixirvos a nós ante calquera dúbida.
Cada un traballaredes sempre ao voso ritmo, cando se poida e sen agobiarnos
O último día de cole díxenvos o de sempre: que é moi importante ler todos os días, facer operacións sinxelas, problemas, inventar contos, debuxar,... eso todo que vós facedes moi ben! o caso é seguir facendo cousiñas.
O que vos mandei para casa en fotocopias davos para uns días, así como os libros de ciencias que de momento imos rematar só o tema 4 e repasar. Logo xa imos vendo.
Como levastes as libretas (e se non usade un folio ou o que sexa) gustaríame que cada día poñades a data, escribades, fagades un debuxo,... operacións (sumas e restas sen levar para primeiro) e (sumas restas levando para segundo, e tamén pequenas multiplicacións) xa sabedes, a táboa ata a do 4. 
Xa compartirei exercicios, poesías, adiviñas, xogos, operacións, problemas para que fagades pouco a pouco. 
Coa aplicación de snappet traballaredes os mesmos contidos que temos nos libros. O que non vos saia non pasa nada! deixámolo e xa está! estamos aprendendo! deixovos neste blog explicación de cómo entrar en snappet. As claves de cada un mándovolas por abalar (recordade usar maiúsculas ou minúsculas segundo sexa a clave).
Para calquer dúbida que vos poida xurdir podedes mandarme mensaxes polo formulario de contacto que aparece nesta mesma páxina na parte dereita e contestarei cando me sexa posible.↗
Grazas pola vosa colaboración!

Un bico e apertas moi grandes para todos/as! Coidádevos moito!

Profe María.