22/3/20

OLA ALUMNOS/AS DE 1º e 2º!

OLA ALUMNOS/AS DE 1º e 2º!

Ola queridos alumnos/as, como xa sabedes imos ter que estar todos e todas uns días na casa. Quero dicirvos antes de nada que temos que tomar isto con calma, estamos todos moi nerviosos e preocupados como é normal pero temos que intentar pasalo o mellor posible e ter paciencia. Xa vin nos vosos vídeos que sodes uns campións!
Recordade o que vos dixo a pesada da profe antes de marchar... "portadevos ben coas vosas familias!"
Sodes uns nenos e nenas moi listos por iso sei que estaredes entretidos e pasando bos ratos na casa.
Sei que cada un de nós ten unha situación diferente e non todos dispoñemos do mesmo tempo para adicarlle as cousas do cole. Por iso fixen esta páxina onde estarei en contacto con vós e vos porei pouco a pouco recomendacións non solo de traballo! se non tamén ideas para que se nos pase mellor o tempo! bailes, xogos, manualidades,...
Non hai que facer todo nin moito menos, os papás serán a gran axuda para orientarvos nestes días. Douvos as grazas por adiantado! as información importantes chegaranvos por abalar como ata agora e tamén tedes a páxina do cole e o correo electrónico para dirixirvos a nós ante calquera dúbida.
Cada un traballaredes sempre ao voso ritmo, cando se poida e sen agobiarnos
O último día de cole díxenvos o de sempre: que é moi importante ler todos os días, facer operacións sinxelas, problemas, inventar contos, debuxar,... eso todo que vós facedes moi ben! o caso é seguir facendo cousiñas.
O que vos mandei para casa en fotocopias davos para uns días, así como os libros de ciencias que de momento imos rematar só o tema 4 e repasar. Logo xa imos vendo.
Como levastes as libretas (e se non usade un folio ou o que sexa) gustaríame que cada día poñades a data, escribades, fagades un debuxo,... operacións (sumas e restas sen levar para primeiro) e (sumas restas levando para segundo, e tamén pequenas multiplicacións) xa sabedes, a táboa ata a do 4. 
Xa compartirei exercicios, poesías, adiviñas, xogos, operacións, problemas para que fagades pouco a pouco. 
Coa aplicación de snappet traballaredes os mesmos contidos que temos nos libros. O que non vos saia non pasa nada! deixámolo e xa está! estamos aprendendo! deixovos neste blog explicación de cómo entrar en snappet. As claves de cada un mándovolas por abalar (recordade usar maiúsculas ou minúsculas segundo sexa a clave).
Para calquer dúbida que vos poida xurdir podedes mandarme mensaxes polo formulario de contacto que aparece nesta mesma páxina na parte dereita e contestarei cando me sexa posible.↗
Grazas pola vosa colaboración!

Un bico e apertas moi grandes para todos/as! Coidádevos moito!

Profe María. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario