17/6/20

VIDEOCHAMADA

Bueno chicos-as estades preparados para falar despois? Espero que sí!
un pouco antes das 4 intentamos entrar no enlace. Precisades unha conexión bastante boa e ter o ordenador, tablet ou móvil con bastante batería. Falaremos un ratiño. Volvo poñer o enlace:

16/6/20

TRIVIAL e BOOM! XOGOS PARA ESTAS VACACIONS!


VIDEOCHAMADA - AVISO

Ola nenos-as!
Mañá Mércores imos a facer unha videochamada e gustariame que estivesemos todos-as se pode ser, claro. Vouna poñer para as 4 da tarde. 
É moi sinxelo, vouvos enviar un correo cunha invitación onde vos sae o enlace para entrar directamente. 
Vai ser con GOOGLE MEET, se o facedes desde o ordenador xa desde a páxina de correo de Gmail podedes acceder e desde o móvil ou tablet vaivos pedir instalar a aplicación de GOOGLE MEET.
De todas formas pego aquí tamén o enlace así que pinchando desde aquí tamén entrariades directamente.
Un pouco antes das 4 intentades entrar e xa imos vendo.


Entrade mañá mércores as 4 menos cinco.

12/6/20

VÍDEO 1º - 2º C.E.I.P. OIMBRA 19/20

Queridos alumnos/as e familias:
quero facer un breve resumo en fotos de bonitos momentos que vivimos xuntos e no confinamento. 
Está sendo unha dura etapa para todos/as pero vós sempre tedes o mellor sorriso. É moi gratificante ver cada día cómo vos adaptastes á situación, a nova realidade... sen queixa nigunha e soubestes facer das vosas casas un novo cole. Cumplistes estes gran reto coas expectativas e confianza que tiña en vós, sodes uns campións! Non deixedes de ter esas ganas de aprender e poñédelle toda esa imaxinación a cada momento que vivides coma vós ben sabedes! Sodes uns artistas en todos os aspectos!
Unha vez máis grazas por todo e agardo que vos guste esta sorpresiña. 
Para a semana que ven vou intentar (se internet mo permite) que teñamos unha videoconferencia para vernos todos e charlar un pouco, xa vos chegará a invitación por correo. 

11/6/20

ACTIVIDADES LIBROS

Ola alumnos-as, estas son as últimas actividades que imos facer dos libros, rematar os temas que comezamos. Tomade o tempo que precisedes, tedes tempo ata finais da semana que ven. Por favor non fagades máis do que vos digo. Logo desto merecedes unhas boas vacacións!

ACTIVIDADES PARA 1º DE PRIMARIA:
LINGUA GALEGA:
(2 ª parte Tema 10)
 https://drive.google.com/file/d/1ppnup_54g6eAKDZiGb4wsyq7Ka7MwP9D/view?usp=sharing


ACTIVIDADES PARA 2º DE PRIMARIA:

MATES (2ª parte Tema 8) https://drive.google.com/file/d/1ASJ8JlTaGH_pC8GckHe275kRjFNlWidE/view?usp=sharing

LENGUA CASTELLANA: (2 ª parte Tema 10)
https://drive.google.com/file/d/1NFcYUSbhvFucmHhmsh5pcfjyx-T62xBc/view?usp=sharing

LINGUA GALEGA: (2ª parte Tema 10)
 https://drive.google.com/file/d/13zdqQY1GzDJLhUQUs9vJghbLYJDpf3XV/view?usp=sharing


8/6/20

AVISO IMPORTANTE 1º -2º

Bos días nenos, nenas e familias o curso está rematando... desta maneira tan rara este ano... pero moi pronto volverá todo á normalidade, só hai que ter paciencia!
De momento tedes actividades dos libros para facer e subirei algún vídeo máis esta semana.
Primeiro darvos as grazas por toda a colaboración e sacrificio que supuxo e supón facer as tarefas na casa, envialas,... e recordarvos que por favor, os que vos quedan tarefas atrasadas sen enviarme, mas mandedes esta semana sen falta, xa que as preciso. 
Para a vindeira semana xa que é fin de curso imos ir preparándonos para as merecidas vacacións polo que faremos actividades máis lúdicas!
Bicos e apertas a todos! E ánimo! Só queda un último esforzo!

MANUALIDADES MEDIO AMBIENTE! QUE BONITAS!

 

  



5/6/20

ACTIVIDADES LIBROS 1º - 2º

Xa rematamos a semana pero vouvos poñendo máis vídeos sobre actividades dos libros se queredes ir facendo os que xa acabastes o anterior. Para os de 1º o remate do tema 10 de Lengua, e para os de 2º o inicio do tema 8 de Mates, que como agora temos o libro imos facer as actividades dese tema.
Como sabedes, repartide o tempo como cada familia poida e ánimo que queda pouquiño. Con estas actividades tedes para varios días da vindeira semana, non vos apuredes. Grazas!

1º de Primaria:
ACTIVIDADES LIBRO LENGUA CASTELLANA 1º 

5 de Xuño día do Medio Ambiente PLÁSTICA E CIENCIAS

Hoxe 5 de Xuño conmemoramos o Día do Medio Ambiente, e para iso imos facer unha manualidade (escollede a paisaxe mariña co barco ou o fondo do mar co peixe) ou se queredes os dous xuntos! Botádelle imaxinación e sacade a vosa creatividade!




Tedes moitos vídeos sobre o Medio Ambiente en Clan TV "Happy Learning"



4/6/20

JUEGOS LENGUA "BR" "BL" 1º - 2º

Lee atentamente, marca la palabra correcta y cópialas en tu cuaderno. 
Pones fecha y debajo "palabras con "bl  b-l" y palabras con "br  b-r"



3/6/20

XOGO DE CIENCIAS para 1º 2º


XOGA A POÑER AS PARTES DAS PLANTAS
Partes de la planta, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
UNE:
Plantas, una ficha interactiva de ILopezD
liveworksheets.com

VE OS SEGUINTES VÍDEOS SOBRE AS PLANTAS E FAI UN DEBUXO DUNHA PLANTA COAS SÚAS PARTES NESTA SEMANA, LOGO ENVÍAMO, GRAZAS!



1/6/20

AVISO

Desde o Centro enviouse un aviso de que mañá martes estará aberto para aqueles que teñan que entregar documentación e recoller o material que non puideron ir buscalo antes. 
Se tedes a carpeta viaxeira na casa e ides ir o cole levádea por favor.
Un saúdo!

ACTIVIDADES LIBROS 1º-2º

Para 1º de Primaria: 
ACTIVIDADES LINGUA GALEGA (final tema 9 - comenzo tema 10)
Os nenos/as de 1º facede tamén de aquí ao remate do curso o que vos queda do cuadernillo de Lingua 
(o das letras), mandéivolo na bolsa do material que tiñades no cole.

Para 2º de Primaria: 
ACTIVIDADES LINGUA GALEGA (comenzo Tema 10)

ACTIVIDADES MATEMÁTICAS 2º (Tema 9 - 2ª parte)

Esta semana ide facendo estes exercicios e por favor mandádemos cando rematedes ao correo. Ademais seguimos cas actividades de snappet.
Ánimo que xa estamos en Xuño!

BENVIDO XUÑO do 2020

DÁMOSLLE A BENVIDA A UN NOVO MES: XUÑO! PRONTO ESTAREMOS NO VERÁN!
Coma nos meses anteriores, iremos pintando cada día de Xuño da cor que queiramos ou seguindo o código. Podedes imprimir ou facelo vós. Mandádeme foto do voso de Maio completo e publicareino. Grazas!