Alumnos/as e familias, imos facer algúns exercicios dos libros que, polo que preguntei, tedes todos na casa. Neste primeiro vídeo non os tedes que utilizar, xa que está relacionado co tema 8 que nos quedou algo sen rematar na clase, pero nos seguintes que poña sí. Tedes que ir vendo as explicacións no enlace seguinte:
LENGUA CASTELLANA 1º (primeira parte) e máis vídeos...
https://drive.google.com/open?id=1pfd8VjJ-7iC-3Lm-mAmWz5kfFhkSCVD9
Vou ir subindo diferentes explicacións pero facemos un pouco cada día, non todo dun golpe. Solo imos traballar as tarefas que nos sexan fáciles de levar a cabo, cousiñas de repaso que xa sabemos. Os vídeos podedes velos as veces que faga falta, estarán todos subidos ahí sempre. Recordade ler ben as preguntas e contestar o que se pide. Como estades facendo tan ben co que vos teño mandado. Para ver os vídeos amplía a pantalla para ver o libro dixital ben.
Logo en snappet tamén vos sigo cargando exercicios relacionados coma sempre e outras actividades interactivas no blog.
Cando teñades unha unidade completa rematada mandádesme correo con fotos e revísovolas. Non teñades presa, por exemplo esto que vos pido no primeiro vídeo pois podédelo facer ata o luns día 4.
Empezamos con Lengua castellana pero vou ir poñendo tamén doutras asignaturas. Entón repartide o tempo, igual que con snappet.
Calquer dúbida escribídeme un correo ou no chat de snappet.
Grazas pola vosa colaboración!
Gracias María
ResponderEliminarDe nada! a vós! De momento sólo está a fábula, logo vou subindo máis.
ResponderEliminar