Temos o seguinte conto de Lingua na casa, que xa o lestes. Agora imos traballar con el.
Contesta as seguintes preguntas e actividades:
- Cal é o título do conto?
- Gustouche?
- Como se chama a nena do conto?
- Con que adxectivo describe o conto os ollos de Mariña?
- Subliña no conto con lapis todas as preguntas que lle fai a nai a Mariña. Logo cópiaas sen esquecer o signo de interrogación ao final.
- Que ía comer de merenda ao baixar ao parque?
- Que pasou cando Mariña pechou a porta do seu cuarto? (páxina 7)
- De onde saiu o xersei máxico e ata onde chegou camiñando?
- Que lle fixo o xersei á nai de Mariña cando entrou no cuarto?
- Como di o texto que era a risa da nai?
- Quen se botou a rir tamén?
- Ao final, como volveron as cousas ao seu sitio?
- Que xesto fixo Mariña ao despedirse?
- Imaxina que che pasara a ti. Que farías?
- Fíxate nas imaxes do conto e fai unha listaxe dos obxectos relacionados co material escolar que saen nel.
- Observa as páxinas 14 e 15: cantas plantas aparecen? cantos libros? e lapis?
- No conto hai bastantes palabras con dous "RR". Sublíñaas e cópiaas.
- Fai un debuxo do conto no que aparezan os distintos personaxes.
IMPORTANTE: esta actividade require de bastante tempo polo que a imos facer pouco a pouco, tedes ata a semana que ven. Ides lendo con tranquilidade e pensando ben as respostas. Non esquezades contestar as preguntas empezando con maiúscula e fixándome ben no que di o conto.
Logo mandádesme a tarefa ao correo. Grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario