Ides ler o poema que vos deixo a continuación e que vos graben en vídeo. Para logo facer un entre todos interpretando este fragmento da poesía do autor homenaxeado.
Enviádesmo ao meu correo, tedes de prazo ata a fin de semana.
Así poderá estar listo para o luns e que o vexades todos/as. Moitas grazas!
POESÍA RICARDO CAVALHEIRO CALERO
Aínda vivía miña nai
e todos os meus irmáns vivían,
e enfronte traballaba o señor Pedro o toneleiro,
e a grande tenda de efectos navais mantiña o seu rebulir.
Na casa tiñamos pombas
e, por suposto, un grande gato mouro;
e o meu pai era novo aínda
e no mar do mundo cada día descubría eu unha illa .
Vía o mar dende a miña fiestra,
e chegaban cornetas da mariña.
E baixaba as escaleiras dúas veces ao día para ir á escola,
e dúas veces subíaos e volta.
Powtoon - Carvalho Calero Letras 2020
Páxina de interese co libro "As pitas baixo a choiva" e cancións: http://aspitas.gal
Xogos sobre Ricardo Carvalho: http://primaveradasletras.gal/poemas-e-idiomas/
E tamén vos deixo fichas para facer esta semana:
LE E COMPLETA A FICHA SEGUINTE
PODEDES IMPRIMIR OU FACELO NO CADERNO
E COMO MANUALIDADE DE PLÁSTICA PARA ESTA SEMANA PODEDES FACER UN GALO, UNHA PITA,... BÓTALLE IMAXINACIÓN! XA SABES, NON TEN QUE SER COMA ESTA.
Estas e máis actividades están na páxina: http://seminariogalan.org/inicio/portada
No hay comentarios:
Publicar un comentario